Benvida:

Alcalde_buena.JPGBenvidos a páxina web do concello de Xunqueira de Ambía. É unha satisfacción poder abrir ao todo o mundo unha ventá a través da cal a cidadania, pode ter acceso a aspectos tan importantes en Xunqueira de Ambía, como a historia, o patrimonio cultural, o Camiño de Santiago tan vinculado á nosa historia e outros moitos aspectos tanto sociais como culturais. Sen dúbida  alguna, a nova páxina  web, e un lugar aberto non só para os habitantes do noso querido concello, senón para todas persoas que estean dispostas a realizar unha visita de forma virtual a Xunqueira de Ambía. Esta páxina tamén está pensada para todos os veciños e veciñas do concello que nestes intres teñen a sua residencia fora do concello. Aproveito estas liñas, para mandarlles un forte abrazo a todos eles dende a Alcaldía.

Dende este novo portal, pódese ter información máis detallada sobre os diferentes servizos, trámites electrónicos, a biblioteca, horarios de actividades, a aula CeMIT do concello, festivais e moita máis información, toda ela relativa ao noso concello.

Espero que disfruten do noso concello.

Fdo: Jose Luis Gavilanes Losada.

Alcalde do concello de Xunqueira de Ambía

2013 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos