Actividades Aula CeMIT no mes de Setembro

30/08/2016

Boas tardes, xa está publicada a planificación da aula CeMIT do concello de Xunqueira de Ambía correspondente ás actividades do mes de Setembro.

As Actividades son as seguintes:

Xunqueira de ambía, 1 de Setembro de 2016. A aula da Rede de Centros para a modernización e inclusión tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do concello de Xunqueira de Ambía celebrará 1 curso e  dúas charlas no mes de Setembro.

LibreOffice Writer: Nesta actividade se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución do funcionamento e manexo da aplicación libre Writer. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc...). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 15,20,22,27 e 29 de setembro en horario de 17:30 horas ás 19:00 horas e o prazo para matricularse termina o día 15 de Setembro.

Copia de seguridade das nosas fotografías: Nesta charla se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para facer unha copia de seguridade das nosas fotografías dun xeito correcto. Esta  charla vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do ordenador, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc...). A charla vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía o día 20 de Setembro en horario de 16:00 horas ás 17:30 horas. O prazo para matricularse termina o día 20 de Setembro.

Seguridade informática: Nesta charla se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre a seguridade informática nos  nosos equipos informáticos. Esta  charla vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do ordenador, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc...). A charla vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía o día 29 de Setembro en horario de 19:00 horas ás 20:30 horas. O prazo para matricularse termina o día 29 de Setembro.

2013 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos