Actividades Aula CeMIT no mes de Xuño

27/10/2016

Boas tardes, xa está publicada a planificación da aula CeMIT do concello de Xunqueira de Ambía correspondente ás actividades do mes de Xuño.

As Actividades son as seguintes:

Cápsula no tempo: Esta actividade vai destinada aos nenos entre 8 e 12 anos. A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 1,8,15,22 e 29 de Xuño en horario de 16:00 horas ás 17:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 1 de Xuño.

O correcto aproveitamento da cámara dixital: Nesta actividade se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para empregar correctamente a cámara dixital.Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun smartphone. A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 6,8,13 e 15 de Xuño en horario de 17:00 horas ás 18:30 horas e o prazo para matricularse termina o día 6 de Xuño.

O Vixor Sixpac: Nesta actividade se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para empregar correctamente o visor Sixpac. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun smartphone. A actividade vai ter lugar no centro Social de Xunqueira de Ambía os días 20,22,27 e 29 de Xuño en horario de 17:00 horas ás 18:30 horas e o prazo para matricularse termina o día 20 de Xuño  .

2013 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos