CAMIÑARTES, segunda cita, 29, 30 e 31 de xullo.

9/06/2022

Organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía, e co patrocinio da Deputación de Ourense, conta tamén coa colaboración do Obispado de Ourense e a Parroquia de Santa María a Real,  celébrase a segunda fin de semana desta edición de Camiñartes, un espectáculo cheo de poesía, danza e música no incomparable marco patrimonial e monumental da Colexiata de Xunqueira de Ambía.

Desta volta farase un percorrido pola historia da música dende a época medieval, pasando pols música instrumental do Renacemento e o Barroco con violín, laúde ou violovhelo, ata o século XX e a creación actual.

Este segundo encontro terá lugar os días 29, 30 e 31 de xullo, como sempre na Colexiata de Santa María a Real, o Calustro e as Escolas Vellas.

A entrada é libre ata completar aforo, polo que se aconsella facer reserva de prazas, tanto no número de teléfono 633088673 ou no  988436069 como a través do mail concello.xunqueiradeambia@eidolocal.es

 

VÍDEO de PRESENTACIÓN DE CAMIÑARTES 

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos