CONCERTOS FINAIS DA XXXIII EDICIÓN DO CICLO DE ÓRGANO E MÚSICA ANTIGA

2/09/2022

¡GRAN FINAL! 

O 4 e o 11 de setembro serán os concertos finais do Ciclo de Órgano e Música Antiga na igrexa de Santa María A Real, ás 20:00 horas. 

4 de setembro, a violinista Elsa Ferrer acompañada a órgano por Canco López ofrecerá un concerto de suxestivo nome, “Individiabile fortuna” (“Envexable dicha”), con músicas de Vivaldi e Corelli. O programa mostra o órgano no seu rol de baixo continuo, un tipo de acompañamento musical do Barroco, no que o órgano era indispensable para “arroupar” as melodías dun instrumento melódico e virtuosístico como o violín.

 O ciclo finalizará o 11 de setembro coa actuación do organista francés Bruno Forst, un apaixonado pola música de tecla ibérica. O seu programa “Un camiño sonoro a Galicia” percorre o esplendor da música organística hispánica desde o Levante (Joan Cabanilles) ata Ourense (Mestre Cuevaz) pasando por Aragón (Pablo Bruna), El Escorial (anónimos), Salamanca (Antonio Borcarte) e Santiago de Compostela (Juan Correa).

 

Elsa_Ferrer_20_Claustro_Xunqueira_JJ._Moreno_Mj1.jpgBruno_Forst.jpg

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos