CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL

21/11/2022

Por primeira vez, o Concello de Xunqueira de Ambía, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Xuncos e a AMPA Padre Crespo pon en marcha un concurso de Decoración de Nadal.

Este ano haberá 4 categorías nas que concursar:

-Categoría de Beléns e Nacementos

-Categoría Individual (para casas, tanto no interior como no exterior)

-Categoría Colectiva (aldeas, rúas, edificios, comunidades)

-Categoría de Negocios e Escaparates.

 

Os premios serán decididos polo voto popular máis o voto dun xurado, e consistirá en diversos lotes de produtos de Nadal.

A data límite para ter as decoracións listas é o 17 de decembro, aínda que hai que anotarse antes do 10 do mesmo mes. Para anotarse hai que enviar un correo a concursonadalxunqueira@gmail.com ou mediante teléfonos 666158430 ou 600746234, o mesmo para solcitar calquera información.

As bases podense consultar AQUÍ

 

 

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos