CONCURSO DE RELATOS, FOTOGRAFÍAS E RECEITAS DE COCIÑA

16/04/2020

 

carteldefinitvo.jpg

Co motivo do Día do Libro que se celebrará o próximo día 23 de Abril e debido á situación tan especial pola que estamos a pasar todos, desexámosvos presentar unha nova proposta dende o Concello coa idea de poder facer máis fácil esta nova situación a todas as familias e veciños do noso Concello.

 

Trátase dun concurso de relatos, fotografías, receitas de cociña e debuxos para toda a familia. Se estás a realizar algún relato e apetéceche publicalo, ou tes algún debuxo creado durante estes días ou fotos en familia creando as vosas receitas favoritas esta é vosa gran oportunidad de darnoslas a coñecer !!

 

Se vos apetece participar podedes mandar os vosos traballos de calquera das seguintes maneiras.

 

  • Podes enviarr un mail a xunqueiradeambiarbg@eidolocal.es.

  • Pasamos a recollelos a través dous voluntarios de Protección Civil.

  • Podes enviar as túas fotos e receitas ao Facebook dA Biblioteca do Concello.

  • Podes chamar oa teléfono do concello 988436069

  • Podes enviar un WhatsApp ao número 650362365

 

"Anímate a colaborar na edición do Libro con máis CARIÑO DE AUTORES/ILUSTRADORES da Biblioteca Municipal" agasaiando a cada participante cunha copia do mesmo.

 



2013 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos