Curso de Robótica educativa para nen@s de 8 a 14 anos de idade

4/07/2017

O día 13 de xullo terá lugar na Aula CeMIT do concello de Xunqueira de Ambía a actividade RAPACIÑ@S en horario de mañá. A actividade terá lugar de 10:00 horas ás 14:00 horas..

A actividade consiste nun taller de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con Scratch, dunhas 4 horas de duración, dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade, xornada que correrá a cargo das colexiadas e colexiados do CPEIG.

Os nen@s interesados poden pasar a apuntarse a dita actividade na Aula CeMIT do concello estes días.

O horario da Aula CeMIT no mes de Xullo e Agosto é Martes e Xoves en horario de 10:00 horas ás 14:30 horas.
Faga click neste enlace para visualizar o programa da actividade: Curso Robótica educativa

2013 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos