Este ano os protagonistas indiscutibles do Entroido volven a ser os Farrumecos, que dende Sobradelo farán as delicias da vexiñanza coas suas falcatruadas. Non vos podedes perder esta festa, que dende O Tangaraño Asociación Cultural, e coa colaboración do Concello, se está tentando recuperar. A qué esperades para preparar o vos disfraz e ir a desfrutar dunha tarde de música e risas? Se vos disfrazades poderedes desfrutar dun delicioso chocolate e doces. Acompañarán na festa a Chranga a Felga!
Ademáis o día 20 de febreiro da man da Asociación de Mulleres Rurais Xuncos, e DXartem, en colaboración co Concello, haberá un Obradoiro para todas as idades para facer unhas máscaras de Entroido. Será a partir das 16.00 horas nos baixos do Polideportivo, e poderedes realizar as vosas máscaras para lucir durante os días grandes de Entroido. Non o perdades. Reserva de prazas e máis información nos teléfonos 608554243 e 686478228.
ATENCIÓN, lembrade que hai cambio de data no obradoiro de máscaras. Será o 20 de FEBREIRO, luns de entroido!!!