FESTAS PATRONAIS DO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA
Volven as festas patronais, na honra da Virxe da Asunción e de San Roque.
Este ano o pistoletazo de saída darao BRASSICA RAPA, o día 13 de agosto, ás 21.00H. Despois haberá Verbena co GRUPO CAFÉ OLÉ
O 14 de Agosto o día comeza con deporte, coa Andaina e Trail Asaltamontes, no que intrépidos corredores e camiñantes percorreran os camiños e sendeiros do Concello.
Ás 21.00h OS BREGADIER'S comezarán co seu espectáculo para dar paso ao GRUPO FÓRMULA.
O día 15 de agosto, pola mañá, misas e procesión, a partir das 12.00horas pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA.
Ás 19.30h espectáculo para cativos e cativas co CIRCO CLOWNS, e xa pola noite FESTA E VERBENA a cargo do GRUPO TENTACIONES.
O día 16 terá lugar a tradicional misa na Praza do San Roque, con procesión, e amenizada por LUBICÁNS.
Xa pola noite, ás 22.00h CINEMA GALEGO: LIVE IS LIFE, nas Escolas Vellas.
NOTA: O CINEMA GALEGO é unha actividade enmarcada dentro do PROGRAMA DA REAOU #REAOU.
BRASSICA RAPA E OS BREGADIERS enmárcanse dentro das actividades do programa CULTURA NO CAMIÑO