O Concello de Xunqueira de Ambía ven de recibir varias subvencións e investimentos varios que se procede a enumerar para coñecemento de toda a veciñanza.
-. RESIDENCIA PARA PERSOAS MAIORES, finalización das obras cun investimento aprobado do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar por un importe de 1.200.000,00€ e subvención da Excelentísima Deputación de Ourense por un valor de 79.789,00€
-. ACONDICIONAMENTO NA CANELLA JORGE ALBERTO FERREIRO e PRAZA da EIRIÑA, por un importe de 194.834.93€ subvencionada ao 85% pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o 15% pola Excelentísima Deputación de Ourense.
-. ACONDICIONAMENTO da OU-0102 entre Xunqueira de Ambía e o Río Arnoia, por un importe de 185.000€ sufragado pola Excelentísima Deputación de Ourense.
-. PAVIMENTACIÓN DO NÚCLEO DE CASASOÁ, por un importe de 56.870€ subvencionado por AGADER.
-. ASFALTADO DE VARIOS NÚCLEOS POBOACIONAIS DO CONCELLO por un importe de 60.000€.
-. PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS "BUSTELO-CASASOÁ" por un importe de 100.000€.
-. PAVIMETACIÓN EN SALGUEIROS, PAZOS DE ABELEDA-A ANCHA E PARQUE BIOSAUDABLE DE MERÍ, por un importe de 48.542,00€
-.SUSTITUCIÓN DE BOMBAS DA ESTACIÓN DE BOMBEO DE XUNQUEIRA E QUINTELA, por un importe de 50.000,00€
-. AMPLIACIÓN DO CENTRO ESCOLAR CEIP PADRE CRESPO, á espera de licitación pola Consellería de Educación, cun presuposto que ronda os 300.000,00€.