Taller ao lado dos nosos maiores: uso do móbil e tableta os días 29 e 31 de Maio en horario de 16:30 ás 18:30 horas na Aula CeMIT do Concello.

22/05/2018

O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil. Os contidos a tratar serán como acceder ás redes móbiles e wifis, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono ou a tableta. Iniciativa realizada en colaboración co aliado dixital Orange.

2013 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos