Un pouco de Historia

RUTA DÁ PRATAXUNQUEIRA-OURENSE CAMIÑO MOZÁRABE- PROLONGACIÓN "VIA DA PRATA"


Entra o camiño no Concello de Xunqueira de Ambía polo pobo de Bobadela e percorre as localidades de: Padroso, Cimadevila, QuintelaXunqueiraSan Xillao, a PousaSalgueiros e os Casares.

Don Alonso de Piña, Prior do Mosteiro de Xunqueira, funda no ano 1541 ao lado do mosteiro un hospital para acoller peregrinos estranxeiros e nacionais en número de cen, con hospedaxe e cubríndo unha gran necesidade. O albergue de peregrinos actual conta con 26 prazas ( 2 para minusválidos.)

A historia de Xunqueira de Ambía xira en torno ao mosteiro asentado aquí. Existen restos que testemuñan que a terceira vía militar romana (XVIII), de Braga a Astorga pasou por estas terras, entre Bobadela e Busteliño ( consérvase un miliario na entrada do Concello).

Xunqueira- Ourense: Dende Xunqueira o camiño pasa polos pobos de San Xillao (parece significativo que San Julian aparezca na lenda Áurea, axudando aos peregrinos a pasar o río)

Continua o camiño polo pobo de Pousa, pasando ao lado da capela da Virxe do Camiño, despois está Vila Nova, onde se levantan varias casas blasonadas con cruces de ordes militares e vieiras de Santiago, segue por Salgueiros. Dende aquí moitos peregrinos van visitar Santa Mariña de Augas Santas.

O peregrino goza da beleza da paisaxe e da acollida das xentes dos pobos polos que pasa, unha ruta cada vez máis frecuentada, sen aglomeracións, pero abrigo unha alternativa para os camiñantes procedentes de Andalucía, Extremadura e Salamanca.

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos