Xunqueira e o camiño de Santiago

O camiño da Vía da Prata pasa polas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña. É sen dúbida o camiño cun maior percorrido.

Trátase dun camiño que é unha prolongación da calzada romana que noutros tempos unía Emerita Augusta (Mérida) con Asturica (Astorga) salvando os canles dos ríos Texo e Douro.

A Vía da Prata, realizouse a principios da nosa era cristiá, aproveitando os camiños máis antigos, tal e como corresponde os espírito práctico dos romanos.

Xunqueira de Ambía é un dos principais puntos da Vía da Prata, e hoxe en día conta cunha magnífica Igrexa Románica, inclusive noutros tempos chogou a ter un hospital de peregrinos cunha capacidade aproximada dunhas 100 prazas. 

A igrexa Románica foi comezada no ano 1164 por orde de Fernando II de León e rematou a finais do século  XIII. Pegada a Igrexa, está construido un maxestuoso claustro tres séculos despois, é decir no século XVI.

Na actualidade todos os Peregrinos que o desexen, poden empregar o albergue, para máis información e horarios ver sección Albergue.

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos