A continuación vostede, poderá encontrar dentro desta sección, toda a información necesaria para poder utilizar o Albergue de Peregrinos do concello de Xunqueira de Ambía. Vostede pode atopar horarios, condicións de uso e moitos máis servizos.
Apertura/Opening: 12:30 horas.
Selado/Sealed/Registry: Rexistro de credenciais e pago no propio Albergue.
12:30 horas-15:30 e 20:00 horas.
Telf:697767219/988436069
Capacidade:
O Albergue de peregrinos de Xunqueira de Ambía, conta con 24 prazas, sendo o pavillón de deportes utilizado para grupos numerosos.
Condicións e servizos:
Dende o 1 de xaneiro de 2008, para poder acceder aos albergues o peregrino deberá comprar en cada un deles, un bono albergue (5€), que o habilita unicamente para o uso das instalacións nas que foi adquirido e na data que figura no anverso. Non será válido en calquera outra data nin outro albergue.
Só se poderá permanecer unha noite en cada albergue, a excepción dos albergues do Monte do Gozo e San Lázaro, ambos os dous ubicados en Santiago de Compostela, e o número de peregrinos acollidos cada día estará limitado ás camas que teña cada instalación.
A orde de preferencia é:
Unha vez adquirido o bono, é moi importante que se conserve ata que se abandone o albergue, no caso contrario, os albergueros/as poderán pedirlle ao peregrino que desaloxe as instalacións.
O albergue permanecerá aberto dende as 12:30 horas ata as 22:00 horas.