O Servizo de Orientación Laboral está encamiñado á mellora das competencias para a busca de emprego, o fomento da empregabilidade e o incremento da tasa de inserción laboral das persoas participantes neste servizo. Está dirixido a todas as persoas inscritas como demandantes de emprego ou como demandantes de mellora de emprego na Oficina de Emprego correspondente.
Entre as principais actuacións figura o diagnóstico individualizado e a elaboración do perfil ocupacional, o deseño do itinerario personalizado para o emprego ou a intermediación laboral.
O horario de atención será os MARTES de 9.00h ás 14.00h sen necesidade de cita previa. O servizo de orientación laboral levarase a cabo na Casa do Concello.
Acción cofinanciada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.