Festas

O Concello sabe da necesidade de promover e difundir todo tipo de actividades que teñan por obxectivo o benestar da sociedade a que representa, por iso os contidos das mesmas trata de abarcar a todo tipo de público, tanto infantil, xuvenil, a muller e a terceira idade, adicando unha especial atención os colectivos mencionados,

CORPUS: Remóntase o barroco, con unha procesión cargada de simbolismo na que, despois de varios anos se pode observar o resultado dun profundo traballo de investigación. Son os propios veciños do concello os que participan na confección de alfrombras florais para engalanar as rúas da vila. Toda a vila queda embelecida con especies autóctonas e naturais, como acacias, rosas, hortensias...

 

FESTAS PATRONAIS: As festas de Xunqueira de Ambía, están moi ligadas o calendario relixioso e as celebracións litúrxicas.

O Concello de Xunqueira de Ambía celebra festas na honra do seu Patrón San Pedro Mártir de Verona, festividade que que se conmemora o 29 de abril. Ademáis da procesión, bendícense ramos de loureiro como o que leva a imaxe do Santo, á que se acompaña nese día de volta á súa capela, situada no Campo, xa que para a Novena é trasladada á Colexiata.

O Concello de Xunqueira dedica tres días a honra da súa patrona, a Virxe da Asunción. O acto máis chamativo é a tradicional procesión e a subasta das primeiras uvas da cosecha do ano, que son colocadas nas máns da imaxe o final da procesión. Realízase unha poxa das mesmas cun auténtico sabor primitivo. A data o día 16 de agosto.

Nestas datas a poboación do Concello multiplícase por tres, porque son moitos os veciños non residentes habitualmente no concello os que escollen estas datas para pasar as súas vacacións no seu pobo de orixe e disfrutar da festa da patrona (Virxe da Asunción).

 

Ademáis celébrase tamén con gran devoción a festa de San Brais, o 3 de febreiro, e cada parroquia e incluso aldea, celebra a súa propia festa. Sendo así as festas da Inmaculada Concepción (8 de decembro), en A Pousa, San Andres (30 de novembro), en San Andrés e Merí; O Carmen (16 de xullo), en Vilanova, Casnaloba e Vilariño de Veiga; San Xoan (24 de xuño), en San Xillao, San Bartolomé (24 agosto) en O Covelo; San Antonio (18 de xaneiro), en Bustelo de Veiga e a Siota; Apóstolo Santiago (25 de xullo), en Cerdeira; San Mamede (7 de agosto), en Casasoá; Virxe das Dores (15 setembro), en Abeleda; San Vicente, (22 de Xaneiro) en Pazos de Abeleda;  San Benito (11 de xullo), en Bobadela, ou San Román (28 de febreiro) en San Román e Sobradelo.

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos