Patrimonio

O falar de Xunqueira de Ambía, non podemos esquecer o seu pasado. Moitos son os vestixios do seu espléndido pasado que podemos atopar nesta localidade: a Colexiata de Santa María a Real (declarada monumento nacional o 3 de xullo de 1971), restos de castros e aras, unha calzada romana que atravesa este Concello, e que, na época medieval, serviría ós peregrinos para achegarse a Compostela, na actualidade chamada “Ruta da Prata”.

Moitos son os vestixios do seu espléndido pasado os que podemos atopar nesta localidade: a Colexiata de Santa María la Real, a Capela de San Pedro, o Museo de arte Sacrounha vía e pontes romanascasas e pazos...

Pero pola súa singularidade destaca o órgano da colexiata, considerado como un dos mellores de Europa no seu tipo. É o terceiro conocido na súa historia. O primeiro do que temos coñecemiento data do ano 1536 e foi obra do organeiro de Allariz Bernal Díaz.

No século XVII, foi sustituido por outro de Gaspar de Alaraz. O actual foi colocado polo seu constructor Manuel González Maldonado, de Santiago de Compostela.

A caixa é obra do escultor Xoán de SanMartín. Dividido en órgano maior e órgano de ecos, con dous teclados de 45 notas, é un brilante exemplar da época dourada do órgano ibérico, cun sonar "plenum" e unha potente lengüetería.

Por este motivo a Vila de Xunqueira de Ambía celebra tódolos anos nos meses de verán unha actividade digna da nosa atención "CONCERTOS DE ÓRGANO E MÚSICA ANTIGA".

A colexiata:

A data do dintel da Porta Grande,1164, non significa, segundo diferentes interpretacións, a data da fundación, senón a da consagración, sen estar aínda rematada a súa construcción. Algúns profesores advirten dúas etapas na súa construcción:

a primeira abrangue, as dúas Portadas, a Cabeceira e as partes baixas de toda a igrexa.

- a segunda abranguería as partes altas, nas que xa se apunta a aparición do Gótico.

 A igrexa Ex-colexiata de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía é de estilo románico, con engadidos de outras épocas e estilos, e está considerada coma un dos monumentos máis fermosos da arte románica rural en Galicia.

A FACHADA PRINCIPAL: dividida por contrafortes en tres partes que se corresponden coas naves interiores. Os contrafortes levan arrimadas columnas que van ata o tellado con remates, unha, con un enfrontamento de animais, e a outra, cunha loba aleitando lobiños.

Portada románica: Formada por tres Arquivoltas de medio punto, apoiadas sobre columnas lisas ou estriadas, con capiteis de follas.

mpano sobre machetas, perforado por unha ventá rectangular; debaixo dela hai un letreiro que parece ser, é a data da inauguración da parte baixa da igrexa sen estar feita a parte alta.

Un Tejaroz ou Tornachuvias apoiado sobre arquiños, decorados con motivos xeométricos típicos ourensáns, apoiados en canzorros.

Un Rosetón sobre a imposta, dous ollos laterais e rematando a fachada en piñón rebaixado.

O Beiril do tellado está sostido por unha colección de canzorros a meirande parte deles zoomorfos.


FACHADA NORTE: porta de dobre arquivolta semicircular, apoiada en columnas redondas con capiteis vexetais, tímpano liso  sobre ménsulas. No muro sur  hai outra porta que comunica co Claustro. 

TRES ÁBSIDES: O Central, é  semicircular, dividida por columnas adosadas, capiteis bizantinas e tres ventás  de medio punto enmarcadas con columniñas de fermosas capiteis. Entre a ábsida central e o Piñón, rematada co Agnus Dei e cruz antefixa, hai un fermoso rosetón calado, finamente ornamentado.


As  dúas ábsidas laterais, polo  exterior, están  tapadas, por engadidos posteriores: a dereita, por unha capela do  S. XVI, e a esquerda, pola sancristía do mesmo século.

O CLAUSTRO: É Gótico-Renacentista, de amplas e fermosas proporcións, de un só corpo, con arcos de medio punto, con tímpanos calados, apoiados en machóns cubertos de nervaduras; é de forma cadrada e ten teito de madeira. Foi construído a primeiros do S.XVI. Nos muros interiores ten elementos do primitivo claustro románico. No interior do claustro, atópanse uns sarcófagos románicos dos fundadores do primitivo mosteiro, Aldara e Gonzalo.

No da Aldara figura, unha A e unha media lúa en cuarto crecente, na pedra tapadeira. No sarcófago de Gonzalo figura unha espada alongada, na pedra que a cobre, e dúas aves mirando á cabeceira.

Na segunda metade do S. XIX e comezo do XX foi empregado como cemiterio. Ao longo do tempo pasou por  destruccións, abandonos e diferentes restauracións.

O PAZO PRIORAL: Que foi, antigamente, CASA RECTORAL, CELEIRO. Ten elementos románicos dispersos e reempregados na construcción. Na actualidade estase a levar a cabo nel un ambicioso proxecto de restauración. 

ARCO de ENTRADA a todo o conxunto que data do S. XVI. Neste arco de medio punto mandou, o prior D. Martín de Córdoba, colocar as armas de Felipe II e ó seu carón hai unha inscrición laudatoria coas armas deste prior.

O INTERIOR

O interior é de planta basilical románica, dispón de TRES NAVES separadas entre si por arcos formeiros, lixeiramente apuntados, que descansan sobre columnas rectangulares con medias columnas adosadas rematadas en variados capiteis de follas; sobre estes arcos descansa un falso Triforio con arcos de medio punto sostentados por columnas redondas xemelgas, que percorre ó longo de toda a nave. 

Na esquerda, un retablo, tamén barroco, ten no centro unha imaxe da Virxe do Carme e por enriba dela San Agostiño, copatrón da ex-colexiata. Neste retablo hai outras imaxes  de valor artístico como, un  San Martiño de Tours do S. XVI; ou a Santa Mª. Magdalena atribuída a Cornelis de Holanda.

Na nave esquerda, no muro lateral, preto da entrada á sancristía, hai baixo un arco conopial, un pequeno retablo cun grupo de imaxes formado por Santa Ana, San Xoán Bautista e San Xoaquín, conxunto do S. XVI. Neste mesmo muro, sobre unha peaña, atópase unha Virxe do Rosario, fermosa talla barroca.

O RETEBLO MAIOR: “...obra interesantísima da arte renacentista  con influenzas flamencas” das primeiras décadas do S. XVI. Son tres os mestres autores: Mestre Xoán, entallador; Gaspar Salgado, imaxineiro; Pedro Bello, pintor.  ...” o retablo de Xunqueira, é peza de interese e importancia, tanto obxectivamente canto coma obra significativa e a súa influencia haberá que estudiar  en relación coa introducción das formas renacentes, por vía  flamenca, na arte de Ourense e na arte de Galicia”
(Miguel Ángel González: EL RETABLO MAYOR DE LA COLEGIATA DE XUNQUEIRA DE AMBÍA)

TUMBA FUNERARIA: do Cabaleiro Álvaro Sotelo, (1508), colocada baixo un arco de pedra, sobre o que está o Órgano. Sepulcro pétreo en forma de arca e cunha figura de cabaleiro xacente; é o único que permanece na igrexa, ...”con calidade que había de estar o seu sepulcro na igrexa de Xunqueira e se conservase nela; e senón non gozase das súas rendas”

ÓRGANO: Esta igrexa tivo o longo da súa historia tres órganos ; o terceiro, e actual, data de 1759; é un órgano típico hispano churrigueresco; a súa caixa barroca remata no alto cunha fermosa talla de Santa María cos anxos ós seus pes. Está actualmente en uso, e nel danse, anualmente a finais de Agosto, concertos por expertos organistas nacionais e estranxeiros.

O CORO: É de madeira de nogueira, estilo plateresco que foi construído entre os anos 1530 a 1540; posúe unha rica iconografía, a base de grutescos e personaxes bíblicos, dentro dun depurado estilo. Estaba colocado no fondal da nave central e hoxe en día retirado á antiga Sala Capitular,contigua á Sancristía


2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos