Rutas turísticas

Para os amantes da natureza, das paisaxes, do termalismo, Xunqueira de Ambía é un enclave de obrigada visita. Disfrutar do entorno do río Arnoia pode ser un dos nosos obxectivos. A abundancia de auga limpa en movemento fai do baño e do río un exercicio saudable.

Pódese atopar aquí dende piscinas naturais como en -"A ponte ou en "Os pelamios" con profundidades dende 30 cm a pouco máis de 1 m. Ideais para os rapaces, espazos aptos para a natación - como "A peneda" ou "O Veiro", recunchos tranquilos e relaxantes- como "A Moradica ou Os Pelamios"ou zonas de penedas e rápidos - como "A Central"Sen esquecer os baños termais .

Certamente a natureza foi xenerosa con Xunqueira de Ambía. Unha natureza serea, tranquila, rotundamente cautivadora. Poderíase falar de rochas e penedas, ou das árbores e prantas, pero é a auga nas súas variadas manifestacións a que máis chama a atención, a que cautiva e non deixa nunca de sorprender.

As capacidades termais, a beleza do entorno do río Arnoia e a pureza das augas dos seus manantiais xustificaron en boa parte a evolución de Xunqueira. Son augas con nome propio, como podemos ver de seguido.

Ás augas do río Arnoia non son ás únicas que bañan este Concello. Distintos manantiais brotan nas terras de Xunqueira. 

  • As augas do Bañiño: nacen a 18 grados nas beiras do río Arnoia.
  • Porteiro: balneario termal nun entorno saudable e relaxante. De auga mornas a 12ºC,
  • Poza de Santa Lucía: Xurde no interior do recinto de Porteiro.
  • Poza do Malladoiro: Xurde moi preto do Porteiro.

Dificilmente pode darse tal variedade e cantidade de currunchos singulares e de tanta beleza en tan pouco espacio. Augas claras e limpas e abundantes en inverno e suficientes no verán con abundante pesca. A autenticidade e a tradición están presentes por calquera parte. O tipismo de A Acea, os rápidos de A Central, a quietude de Os pelamios, a serenidade do Bañiño, o Baño de A Ponte,a beleza de o Veiro e a tranquilidade de A Moradica caben nos escasos 3 km, que dedica o río a atravesar o Concello.

Os muiños tradicionais pásalles coma os mosteiros, elixen paraxes incomparables. E aquí son moitos: Acea, Pelamios, A Ponte, Veiro, Moradica....incluso hai un na Acea aínda en funcionamento. Tampouco falta unha minicentral, A Central, hoxe abandonada, feita para dar enerxía a un muíño de gran situado no lugar de "A Medorra".


2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos