Un pouco de historia

A hora de falar de Xunqueira de Ambía, non podemos esquecer o seu pasado. Unha historia, chea de acontecementos de importancia e de lendas.

Entre outros, unha calzada romana que atravesa este concello, e que, na época medieval, serviría ós peregrinos para achegarse a Compostela, convertíndose nuhna ruta Xacobea.

A historia real, sérvese da lenda para falar das orixes desta vila. O saber popular nos lembra, que foi no século IV cando naceu Xunqueira de Ambía, ó parecer unha imaxe da virxe, nunha lagoa na que medraban xuncos, un milagre, que propicia a construcción dunha pequena capela (ermida).

A ermida evolucionou ó longo dos seguintes séculos, ata que no século XII, establécese neste lugar a irmandade de San Agustín, convertíndose a primitiva igrexa en mosteiro.

No século XVI constrúese o seu claustro, dotándose á igresa dun espléndido retablo, un coro e un órgano. É nesta época na que se permite a construcción en torno ó mosteiro, nacendo entón a Vila de Xunqueira de Ambía.

Moitos son os vestixios do seu espléndido pasado os que podemos atopar nesta localidade: a Colexiata de Santa María a Real, a Capela de San Pedro, o museo de arte sacro, unha vía e pontes romanas, casas e pazos...

Pero pola súa singularidade destaca o órgano da colexiata, considerado como un dos mellores de Europa no seu tipo. É o terceiro conocido na súa historia. O primeiro do que temos coñecemiento data do ano 1536 e foi obra do organeiro de Allariz Bernal Díaz.

No século XVII, foi sustituido por outro de Gaspar de Alaraz. O actual foi colocado polo seu constructor Manuel González Maldonado, de Santiago de Compostela.

A caixa é obra do escultor Xoán de San Martín. Dividido en órgano maior e órgano de ecos, con dous teclados de 45 notas, é un exemplar da época dourada do órgano ibérico, cun sonar "plenum" e unha potente lengüetería.

Por este motivo a Vila de Xunqueira de Ambía celebra tódolos anos nos meses de verán unha actividade digna da nosa atención "CONCERTOS DE ÓRGANO E MÚSICA ANTIGA"

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos