PROGRAMACIÓN VERÁN 2021

26/07/2021

Xa está aquí a programación para este mes de agosto.

Actividades de arte, cultura e deporte así como as Festas Patronais na honra da Virxe da Asunción e de San Roque un ano máis condicionadas pola situación sanitaria actual.

De novo volvemonos a reunir ao redor do Ciclo de Órgano, que chega esta ano á súa edición número XXXII, contando con artistas internacionais chegados dende Cuba ou Potugal, así como nacionais. 

Tamén desfrutaremos do segundo encontro enmarcado no programa O TEU XACOBEO, Camiñartes, unindo música, danza e poesía co marco incomparable da Vía da Prata no súa variante do Camiño Mozárabe.

Tamén o deporte será unha parte esencial da nosa programación, con actividades para a mocidade como ioga ou aquagym e as xa clásicas clases de natación, pero sobre todo recuperando o TRAIL e ANDAINA ASALTAMONTES, que no 2020 tivo que ser suspendida por mor da pandemia.

15 e 16 de agosto, celebración de actos litúrxicos na honra dos patróns do Concello acompañados con música. 

Cine para todos e todas ao aire libre, coa proxección da película galega Cuñados, para pasar unha noite chea de risas e diversión.

Música, deporte e tradición para un mes de agosto cheo de actividades e diversión.

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos