Inicio > PEREGRINOS > BLOG CULTURAL > XXXIII CICLO DE ÓRGANO

XXXIII CICLO DE ÓRGANO

4/07/2022

XXXIII Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira deAmbía: catro veladas de órgano no punto de mira.

Os domingos 21, 28 de agosto, 4 e 11 de setembro, o órgano ibérico da Colexiata SantaMaría A Real de Xunqueira de Ambía volve ser o “instrumento rei” do que emanaránmúsicas pertencentes ás tradicións hispánica, inglesa e italiana.

Esta trixésimo terceira edición do ciclo de Órgano e Música Antiga, organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía en colaboración co Bispado de Ourense, convérteo nun clásico da música en Ourense.

Infinidade de sons cheos de brillo.

O ciclo de concertos arrincará o vindeiro domingo 21 coa actuación da nova organista bilbaína Miriam Cepeda, unha das máis destacadas das novas fornadas cun repertorio de compositores vascos, ingleses e italianos. O 28 de agosto, a madrileña Presentación Ríos, con obras de Antonio de Cabezón e Correa de Araúxo, por citar só algúns imprescindibles do Século de Ouro, o período máis significativo da historia do órgano. O seu programa está adicado á memoria de Anselmo Serna, gran referente da interpretación organística e intérprete convidado a participar en numerosas edicións do ciclo. O 4 de setembro, a agrupación Ars Combinatoria formada por Elsa Ferrer ao violín, Canco López ao órgano e Santiago Lowe ao violoncelo, ofrecerá un programa con obras de Corelli e Vivaldi; o concerto mostra o órgano no seu rol de baixocontinuo, un tipo de acompañamento musical do Barroco, no que o órgano era indispensable para “arroupar” as melodías dun instrumento en auxe como o violín. A cita finalizará o 11 de setembro coa actuación de Bruno Forst, músico francés apaixonado pola música de tecla ibérica. O seu programa “Un camiño sonoro a Galicia” mostra o esplendor da música organística hispánica, facendo un percorrido desde o Levante (Joan Cabanilles) ata Ourense (Mestre Cuevaz) pasando por Aragón (PabloBruna), O Escorial (anónimos), Salamanca (Antonio Borcarte) e Santiago de Compostela (Juan Correa).

Vello enclave.

O da vila de Xunqueria de Ambía é o concello que posúe o ciclo de órgano máis lonxevo. Dende o seu nacemento en 1989, o ciclo evoluciona sen interrupción, espertando o progresivo interese do público, sempre fiel, e, ao mesmo tempo,abríndose a novas audiencias, así como buscando un programa de máxima calidade que aglutine a organistas consolidados con novas promesas. Con el ponse en valor o extraordinario patrimonio do órgano ibérico da Colexiata de Santa María A Real, unindo a música á arte relixiosa e monumental da espléndida igrexa de Santa María A Real. O órgano é un magnífico exemplar da época dourada do órgano ibérico. Foi construído en 1759 e está dotado dunha potente lengüetería, e está recoñecido como unha das pezas máis singulares do patrimonio musical galego, e un do mellores de Europa na súa categoría.


A entrada é libre ata completar aforo polo que se recomenda facer reserva de praza nos telfs.: 988 436069 e 633 08 8673

 Email: concello.xunqueiradeambia@eidolocal.es

 

 

Ciclo_Organo_I_cartel_2.pdf

2022_XXXIII_Ciclo_de_Organo_e_Musica_Antiga_I_Prog_L.pdf

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos