Programación Aula CeMIT concello Xunqueira de Ambía mes de Maio

5/05/2016

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA CELEBRARÁ 3 CURSOS E UNHA CHARLA NA AULA CEMIT DE XUNQUEIRA DE AMBÍA NO MES DE MAIO.

 

 Iniciación á programación para nen@s Scratch: Nesta actividade se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución a programación empregando a aplicación Scratch. Esta actividade vai destinada aos nenos entre 8 e 12 anos. A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 3,10,17,24 e 31 de Maio en horario de 16:00 horas ás 17:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 3 de Maio.

 Exercita a túa memoria: Nesta actividade se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para exercitar a memoria empregando as TIC. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc...). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 5,10,12,17,19,24,26 e 31 de Maio en horario de 17:00 horas ás 18:00 horas e o prazo para matricularse termina o día 5 de Maio.

Aplicacións de Google(Drive. Maps, Hangouts): Nesta actividade se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para sacarlle o máximo rendimento as aplicacións de Google. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc...). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 12,17,19,24,26 de Maio en horario de 18:00 horas ás 19:00 horas e o prazo para matricularse termina o día 12 Maio.

Pasos para obter o borrador da declaración de Facenda: Nesta charla se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para obter o borrador da declaración de facenda. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc...). A charlavai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía o día 31 de Maio en horario de 19:00 horas ás 20:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 31 de Maio.

 

 

2013 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos