Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

 

Este ano o Ciclo de Órgano e Música Antiga alcanza a súa edición trixésimoterceira. Terá lugar os días 21 e 28 de agosto e 4 e 11 de setembro. 

WhatsApp_Image_2022-07-04_at_11.48.01_AM.jpeg

 

 

O órgano da colexiata, considerado como un dos mellores de Europa no seu tipo. É o terceiro conocido na súa historia. O primeiro do que temos coñecemiento data do ano 1536 e foi obra do organeiro de Allariz Bernal Díaz.

No século XVII, foi sustituido por outro de Gaspar de Alaraz. O actual foi colocado polo seu constructor Manuel González Maldonado, de Santiago de Compostela.

A caixa é obra do escultor Xoán de San Martín. Dividido en órgano maior e órgano de ecos, con dous teclados de 45 notas, é un brilante exemplar da época dourada do órgano ibérico, cun sonar "plenum" e unha potente lengüetería.

Por este motivo, a Vila de Xunqueira de Ambía celebra tódolos anos nos meses de verán unha actividade digna da nosa atención "CONCERTOS DE ÓRGANO E MÚSICA ANTIGA"

A caixa do órgano, obra do escultor JUAN DE SAN MARTIN, con taller en Celanova impón pola súa riquísima ornamentación dourada e pintada en estilo barroco. 


A CANALIZACIÓN DA FACHADA

Os 49 tubos labiais da fachada, que pertencen ao rexistro do Flautado, da Oitava e da Ducia, están fabricados en estaño e chumbo e son orixinais.

A Lingüetería horizontal está composta polos rexistros do BajoncilloObué, Clarín, Trompeta de Batalla e Trompeta" Magna". Na parte inferior encóntrase o rexistro de, Dulzainas".

harmonización de toda a lingüetería é desigual e desequilibrada. Varios resoadores da lingüetería teñen buratos procedentes dun arranxo posterior.

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos